Leo KCh impartirá un Taller de verán de Rap en Corcubión

Fantástica a iniciativa do 1º Taller de Verán de Rap "Costa da Vida", que impartirá Leö KCh* en Corcubión.

Este taller pretende inculcar aos rapaces a tradición galega das regueifas nun formato actual e globalizado que entronca as nosas raices coa modernidade máis viva e actual. O taller desenvolverase durante o mes de xullo no Local de Ensaio de Corcubión, os luns e mércores de 11:00 a 13:00 horas.

O público ao que se orientan as actividades son nenas e nenos de 8 a 12 anos que recibirán formación en iniciación e composición de rimas, adaptación das rimas a un ritmo, creación dunha canción e gravación do tema realizado no estudio.

Os intersados poden inscribirse ou obter máis información chamando ao Concello de Corcubión no teléfono 981745400.

Fonte

    Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).