Levan ao Xulgado as posibles irregularidades na venda da parcela do Mercadona

O presunto trato de favor con Mercandona en Cee xa chegou mesmo ao Parlamento. Pero a cousa non quedou clara. De feito, hoxe, o BNG de Cee vén de recuperar o asunto e preguntar de novo no Parlamento pola venda parcela do polígono de Cee á empresa valenciana.

Un proceso de venda que, segundo o BNG, “producíuse dunha maneira un tanto peculiar, así o prazo concedido para a presentación de ofertas limitouse a tan só 5 días, entre o 20 e o 26 de Novembro de 2012, un prazo prácticamente imposible de cumprir por calquera empresa interesada debido a numerosa docuentación requerida para a operación, documentación gráfica do proxecto, documentación administrativa, etc..., agás se tivese toda xa lista”.

Xa falaramos de que a empresa pública SEA asumiu a obriga de construir un acceso directo a s parcelas dende a C-552, a poucos centos de metros da entrada xa existente ao polígono, e cun custe de 739.700 euros según a información da prensa. Así mesmo, urbanizar esta parcela custoulle a SEA, 986.628euros, que sumados aos anteriores fai un total de 1,726,328 euros.

”A sorpresa vén cando a parcela é vendida por 1,623.570 euros, polo tanto por debaixo do seu custe e nun proceso no que as empresas só tiveron cinco días para se presentar, cando as instruccións internas da propia SEA impoñen un mínimo de 10 días”, denuncia o BNG.

Xa no xulgado

Todo isto levantou as suspicacias entre os veciños e veciñas e plasmouse con algunha denuncia xa no xulgado, na que se afirma que o vial non ten o ancho legal, 11.60 metros no canto de 16, nen cumpre o coas normas estatais de accesibilidade para persoas con discapacidade ao ter unha pendente maior da permitida.

Por todo isto, o Bng presentou no parlamento estas preguntas, entre outras, para tentar clarexar as dúbidas surxidas:

  • Por que o prazo de venda foi tan só de 5 dias?
  • Por que se vendeu por debaixo de custe as parcelas devanditas?
  • Por que o novo vial ten 11.60 metros de ancho cando debería ter 16?
  • Por que o no víal imcumpre as normas estatais de accesibilidade para persoas con discapacidade?

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Cee.