Lires arrinca o Nadal a base de fotos

A A.R.C.E. Pedras Miúdas comeza a prantexar o Nadal cun novo II Ralli fotográfico. Xa o ano pasado os resultados foron fantásticos, i é que por Lires hai moito que fotografar. Será o vindeiro domingo día 21, coa saída as 10 da mañá en Lires a volta as 13 horas, xusto para a inauguración da exposición “Lires na memoria II”, que repite tamén a boa acollida da primeira edición.

Desta volta, as categorías a competir serán as de reflex, compacta e junior, e haberá trofeos para todas as categorías.

Para inscbirse hai que enviar un correo a fotolires@gmail.com.

O cartel está realicado cunha das obras gañadoras do ano pasado, neste caso a de Xoán Carballo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).