Lires, de festa en festa

Adhara& Ritman fixeron gozar ao público da Braña Restaurante
  • Este venres 13, Blues Reunion en LiresCa

Fin de semana fermosa a que viviu a vila de Lires. O FestiLires achegou cultura en diferentes formatos a veciñ@s e visitantes, e pensa nas vindeiras dúas semanas.

Se ben o venres non puido arrincar o festival polo mal tempo, e o concerto de Turnes&Casquero se tivo que suspender, o sábado xa comezou a aparecer o sol, quedando unha noitiña ideal para disfrutar da música de Adhara&Ritman. A Cuncheira de Sofán, a potente cantante carnotá, deixou clara a súa garra sobre o escenario e fixo as delicias do público que asistiu á fermosa horta de Braña.

Xa o domingo tocou libro e circo, coa presentación de María Rei Vilas e a súa novela “Flores de ferro”, e o espectáculo de Peter Punk, Punkdemia, na praza da vila.

Blues Meeting

Aínda quedan dúas tracas. Este venres 13 de agosto, LiresCa acolle o concerto blues de Greg Igor & Emilio Arsuaga, que con parte dos Bakin’Blues armarán un espectáculo tremendo.