Lires prepara a súa festa de folk e danza tradicional
28 de abril de 2011 (10:20 h.)
Os dias 7 e 8 de maio, cadrando coas festas do Socorro en Lires, a asociación Pedras Miúdas prepara unha doble sesión festexeira.
II Xuntanza Folk
O sábado 7 de Maio, terá lugar a II Xuntanza Folk, a partir das 21:30 horas. Trae cousas ben interesantes como a Banda de Balnina que xa demostrou a festa que lía o ano pasado na Festa Folk na Fin do Camiño. As actuacións completaranse con:
- Pandereteiras "Pedras Miudas" de Lires.
- Grupo de Gaitas "Pedras Miudas" de Lires.
- Alén de Ancos (Ferrol).
- A Banda da Balbina (Brión).
- A Crus de Baixar (Fisterra).
Danza e baile
Domingo 8 de Maio
- Ás 13:30 horas durante a procesión, Danza de Arcos.
- Ás 20:00 horas, exhibición de distintos bailes tradicionais: muiñeiras, danza das patelas, xotas, etc... por parte do Grupo "Pedras Miudas" de Lires.
Novas relacionadas
- A mellor música folk do país invadíu a fin do mundo.
- I XUntanza Folk de Lires: Danzando baixo a choiva en Lires .
Fonte
- Nota de prensa da Asociación Pedras Miúdas de Lires.