Listo o muro do canle de Cee

Era outubro de 2012 cando o temporal botaba abaixo o muro do canle do recheo de Cee. 8 meses despois as obras dun treito de 50 metros de muro do canle do río Cee están rematadas.

As obras comezaron a principios do mes de maio foron encomendadas á empresa pública Tragsa. O material colapsado foi trasladado ata un vertedoiro autorizado. A continuación, procedeuse á escavación e localización da zapata antiga e a execución dun muro de preto dos 2 metros de altura, coroado con 50 centímetros adicionais de pedra para protección adicional ante eventuais avenidas.

O concello ceense contou para o desenvolvemento destes traballos, valorados en 61.065,78 euros, coa axuda da Xunta de Galicia. O executivo autonómico achegou, a través do ente público de Augas de Galicia, 20.400 euros do investimento total. O resto do orzamento foi asumido polo Concello de Cee e o Estado, a través de Costas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta.