Luar busca actores, con humor, en Cee

O programa Luar da TVG está a realizar unha serie de castings na procura de novos humoristas e este mércores 25 de maio estará no concello de Cee.

Trátase dun casting aberto ó que pode acudir calquera veciño da comarca. Para participar só é preciso ser maior de 16 anos e ter sentido de humor. Pódese asistir de xeito individual ou en grupos para facer skeches de humor, monólogos ou chistes.

O Casting terá lugar o mércores 25 de maio no Salón de Actos do Concello de Cee. E o horario será de 17.00 a 21.00 horas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da CRTVG.