Marcos DoBode levou á Fundación Fernando Blanco de viaxe polas músicas do país

Marcos DoBode no Mes da Fundacion Fernando Blanco de Cee

Espectacular está sendo o programa O Mes da Fundación, que artella neste especial outubro a Fundación Fernando Blanco de Cee. A segunda cita para o público en xeral tivo lugar este pasado sábado, co interesantísimo Concerto Comentado “Músicas de aquí e dacolá”, impartido por Marcelo DoBode.

DoBode fixo un percorrido polas músicas do país que leva dentro despois de 24 anos de andaina. Estructurou o concerto en 4 bloques: Nos tres primeiros denominados “A mocedá”, “As recollas” e “Os seráns”, presentou pezas de distintos lugares como Pigarzos, Laxoso, Toutón, Valouta ou mesmo Caldebarcos entre outros. No cuarto e último bloque, dedicado á actualidade e á composición, deleitounos con dúas pezas de composición propia tituladas “A flor da canela” e “Por ti moreno”.

https://www.facebook.com/fundacionfernandoblancodelema/videos/10210080021117275/?t=1

Vindeiras actividades do MES DA FUNDACIÓN

-Martes 16 outubro. Conferencia “Estás seguro do que ves?”, impartida por Casto Rivadulla Fernández (Doutor en Bioloxía e Profesor de Fisioloxía na Universidade da Coruña. Investigador no Grupo de Neurociencia e Control Motor – NEUROcom). Conferencia para alumnådo de 1º e 2º de Bacharelatos do IES Fernando Blanco e do IES Agra de Raíces. -Mércores 17 outubro. “Conto para escoitar mentras bailamos un vals” de Caxoto Contacontos. Función para alumnado de 1º e 2º de Primaria dos colexios de Cee, así como tamén para usuari@s de ASPADEX. - Sábado 20 de outubro: Quico Cadaval representará "Os Inocentes", onde nos relatará as historias de 3 persoas que viviron a Guerra Civil e que nunca foron contadas.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-fundacion-fernando-blanco-de-lema-celebra-outro-mes-da-fundacion/