Máxica e solidaria fin de semana en Corcubión

Menuda fin de semana a que vivíu Corcubión, chea de música, poesía e, sobre todo, solidariedade. O sábado foi tempo da Gala Solidaria da Universidade Popular de Corcubión, e o domingo tocou o Recital Poético Solidario Internacional que a Universidade Cromática artellou da man de Blanca Vilela.

Unha Gala completa

Impresionante o seguemento da Gala Solidaria corcubionesa. Máis de 200 persoas, moita xente de Corcubión e Cee, ateigaron a Casa da Cultura, aportando o seu grao de area para recadar fondos que irán destinados á Cruz Vermella de Vimianzo. Precisamente, visibilizar o traballo da entidade, que traballa por toda a bisbarra, era unha das claves do acto, deixando ver que o concepto solidariedade, máis de igual a igual, ten que poñerse por enriba da beneficiencia. As Noelias Quintáns da entidade vimiancesa presentaron os programas educativos que teñen na vola.

A Gala arrincaba co gran César Cambeiro como animador. I é el só xa enche o escenario. Foi dando paso aos artistas da tarde, cunha variedade cultural tan fantástica que servía para destacar que na Costa da Morte ten artistas de calidade. “Ao mellor hai xente que vai ver unhas pandeireteiras pero non se achega ao Rodín a escoitar poesía”, destaca Susana Trillo, parte da organización. “Ver emocionada co Leo KcH a xente de 70epico de anos é fantástico”, recoñecía.

Foi unha gala moi revindicativa, deixando claro que hai que seguir traballando por unha sociedade máis igualitaria, co obxectivo de que non sexan necesario este tipo de actos.

<>Houbo dous bloques, un máis tradicional e outro máis moderno. Comezaron as pequenas das As Xaviñanas, grupo de nenas das pandeiretas que non tiñan nome, e na honra ás que grabara Alan Lomax nos anos 50, o Grupo de pandeireteiras maiores, Millo Verde, decidiu chamalas así. Foi un momento emotivo, coa proxección dun víde colleita de Miro Regueira para reivindicar a importancia daquelas gravacións.

Tocaron tamen os pequenos Acordeonistas de Cee e dan conta de que a Costa ten futuro.

Presente xa é a calidade do grupo costeiro Alan Acoustic Project, do poeta Suso Bahamonde que recitou acompañado do guitarrista Eloi Traba, nun deleite para os sentidos, E rematou Leo KcH rapeando en clave de loita.

En clave poética

Moi emotivo o I Recital Poético Solidario Internacional, armado entre a UCV e a poeta fisterrá Blanca Vilela. Un Festival que se fai ao tempo que outras 25 cidades españolas entre outras: Madrid, A Coruña, Barcelona, Sevilla, Bilbao, Murcia, Tenerife, etc. e países como: Arxentina, Colombia, Canadá, Portugal, Ecuador, Nova York, Holanda e estanse realizando xestións en máis lugares…

A idea de Vilela partiu ao coñecer os datos da xente que cada día utilizaban o comedor social en devandita cidade herculina, que supera ás 1.500 persoas. Fíxose unha gran convocatoria vía facebook e telefónica a todos os poetas do seu círculo de amizades e a resposta foi inmediata e contundente. Trátase de que en cada cidade unha persoa ou organismo encárguese da xestión do evento, realizar as tarefas de buscar a sala para a celebración, convocar aos participantes e designar a quen vai dirixida a axuda.

"Xuntamos uns cantos poetas e músicos co fin de que a xente se achegase a aportar alimentos que xa están en mans de cáritas. Foi un acto sinxelo, sin espectáculos, pero de moita calidade", recoñeceu Sertgio Cernadas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).