Un Nóbel de Física no IES Fernando Blanco

Von Klitzing asinando no libro de visitas do IES Fernando Blanco, escoltado por Jorge Mira, a directora Sonia López, Blanca Rodríguez e Pablo Mira.

Este pasado venres aconteceu  un feito de transcendencia para a comunidade educativa do IES Fernando Blanco. O Premio Nobel de Física Klaus von Klitzing visitou o centro educativo ceense na compañía do Físico Jorge Mira, onde foron recibidos pola inspectora de educación Blanca Rodríguez Latorre e o equipo directivo do centro, nun acto onde o Nobel deixou a súa peada no libro de honra.

Despois dun percorrido polas instalacións máis emblemáticas do centro como a capela ou o xardín, o alumnado de física de bacharelato levou unha gran sorpresa ao contar con todo un premio Nóbel na súa aula.

Von Klitzing ganou o nobel de física no ano 1985 polo descubrimento do efecto Hall cuántico. Ese descubrimento permitiu, entroutros, definir magnitudes fundamentais como o kilogramo en termos de constantes físicas fundamentais, o que supuxo un importante avance no eido da metroloxía, disciplina que estuda os sistemas de pesas e medidas