Novo accidente na AC550 a altura do mirador de Gures
24 de xaneiro de 2019 (07:07 h.)
Esta gris e húmida mañá de xoves 24 de xaneiro rexistrábase un novo accidente na AC550, a altura do mirador de Gures, un lugar xa típico onde os vehículos perden o control. Desta volta foi unha saída de vía dun vehículo que levou un metro de muro de pedra do mirador por diante, ademais do quitamedos e varias sinais, e menos mal que non caeu monte abaixo.
Estiveron presente a Policía Local de Cee, Garda Civil de Corcubión, Protección Civil de Cee, Atestados e mantemento de estradas. O condutor non necesitou axuda médica.