O BNG critica o electoralismo do PP para cos portos costeiros
Varias semanas levamos de propaganda electoral arredor dos portos costeiros. Ou alomenos así o entende o BNG comarcal os comunicados sobre o tráfico no porto de Brens, emais a a promesa da construción do dique de abrigo en Fisterra.<
É verdade o do dique fisterrán?
Precisamente sobre esta demandada históricamente polo sector da pesca fisterrá pregúntase o BNG. I é que falamos dunha promesa que chega curiosamente en época electoral, como tamén acontecía aló polo 2009 e no 2011. Por iso, dende o BNG queren saber se hai expediente e partida económica da obra do porto, e mesmo o deputado Daniel Rodas levou a pregunta á Comisión do Parlamento.
O portavoz do BNG de Fisterra, Xan Carlos Sar Oliveira, dubida da veracidade da promesa. Disque “chove sobre mollado” xa que estamos coma no 2009 e no 2011, anos nos que a Xunta, Portos e o alcalde Traba apresuráronse a “vender” coma un logro o pronto inicio das obras.
Un Sar que considera que se trata dunha “promesa electoral á desesperada, e na que o Alcalde tenta maquillar a súa peor lexislatura, quedando patente aos ollos de toda Fisterra que tódolos seus proxectos estrela fracasaron e nunca pasaron de promesas”.
Por iso o BNG quere saber por vía Parlamentaria que se concreten os aspectos básicos dos que consta o expediente desta obra, como a partida, “cando fai dous meses o PP rexeitou unha emenda para os Orzamentos de 2015, presentada polo BNG, xa que nas previsións da Xunta non existía nin proxecto nin investimento para executalo”.
Propaganda no porto de Brens
Pola súa banda, o BNG de Cee achéganos esta imaxe dunha gran fochanca no porto de Brens, como símbolo do que entenden como “amosar o bonito e agochar o feo”. Entenden o comunicado de Portos de Galicia, en relación co incremento actividade do Porto de Brens, como “unha proba mais da política de PROPAGANDA a que estamos habituados co Pp, mais agora na víspera dun proceso electoral”.
E o asegura pois o “incremento de actividade portuaria e movemento de mercadorias no Porto de Brens, non é grazas o bon facer de Portos, senon pola actividade xerada pola empresa Ferroatlántica”.
Lamentan a perda de investimentos como “a fábrica de tubos, así como proxectos que seguen tirados nos caixóns, como o caso dos remolcadores para a ría”.
E valoran que “a realidade é que o Porto de Brens segue a ser un porto, mal comunicado, sen unha dotación de servizos óptima para facilitar un maior tráfico marítimo, con custes elevados de atraques por non dotalo de remolcadores e non adaptar o entorno da zona portuaria nas condicións necesarias para a instalación de empresas. Nas actuais condicións, e se houbese unha boa xestión e vontade política do PP, poderíanse ter creado máis de 100 postos de traballo”. A
Novas relacionadas
- O porto de Brens, o segundo peirao autonómico en volume de tráfico comercial.
- O porto de Fisterra terá un novo dique de abrigo de 96 metros.
- Un simpático enterro polo finado Heliporto de Lires.
Fonte
- Notas de prensa do BNG de Cee, BNG de Fisterra e BNG comarcal.