O BNG de Cee celebrou a súa primeira Asemblea aberta

Anunciaba o BNG comarcal a realización de diferentes asembleas abertas á veciñanza. E xa tivo lugar a primeira, realizada en Cee, á que acodiron 24 persoas, e na que se recolleron todo tipo de opinións e propostas de todos os asistentes.

Nun ambiente cordial e participativo, as persoas que acudiron ao convite, fixeron todo tipo de apreciacións sobre o momento actual do panorama político na nación e no estado, así como tamén fixeron saber de queixas sobre temas municipais de actualidade, e de ”ideas que poden ser moi enriquecediras para a laboura de oposición no concello de Cee”, afirman.

Nos vindeiros meses, o BNG de Cee seguirá con estas reunións por todo o concello, visitando todas e cada unha das parroquias recollendo todo tipo de aportacións dos veciños e veciñas do municipio.

Novas relacionadas

Fonte

  • BNG de Cee.