O BNG pide que se non permitan abrir as grandes superficies o 13 de agosto

Este domingo 13 de agosto estamos en plenas Festas da Xunqueira de Cee. E no marco festivo tamén hai espazo para a lei. Por iso dende o BNG piden que se cumpra a lei e se impida ás grandes superficies abrir o vindeiro 13 de agosto. Entenden que "a apertura comercial incumpría a Lei 1/2013 do 13 de febreiro pola que se modifica a Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia, xa que non coinciden cos dez domingos ou festivos habilitados para apertura comercial pola Xunta de Galiza para o ano 2017", (os días de apertura serán o 13 de abril, o 1 de novembro, 8 de decembro, 8 de xaneiro e todos os domingos de decembro (3, 10, 17, 24 e 31). Deste xeito, consideran que "incumprirían o establecido no Artigo 8; punto1 ; e) “Os establecementos comerciais situados no ámbito inmediato de celebración de feiras e mercados tradicionais, durante o mesmo horario en que teña lugar o devandito mercado”. "Isto agrava tamén a situación dos traballadores e traballadoras que non poden desfrutar do único domingo o ano que por lei deben pechar eses grandes almacéns", entende. Para o BNG, "de permitir esa apertura, non só se incumpriría dita lei, se non que ademais o alcalde podería estar prevaricando, dado que él é coñecedor da intención dalgunhas superficies de abrir". Mercadillo? Ademais, cando é preguntado polo asunto, a súa resposta é ambigua e afirma que o mercadiño pode celebrarse porque queda un pequeno oco na praza 8 de marzo, o que posibilitaría a súa celebración. "Ese espazo, de existir, tan só sería apto para unhas poucas tendas que só entorpecerían a actividade propia dun día de festa como é o domingo", entende Serxio Domínguez, voceiro do BNG local.

Novas relacionadas

Fonte

  • BNG de Cee.