O pasado xoves, 11 de xuño, tivo lugar no salón de Plenos do Concello de Cee a entrega dos premios do VIII Certame de Poesía "Mulleres do noso tempo" organizado polo CIM - Centro de Información á Muller - ceense.
A encargada de repartir os premios, equivalentes a vales para gastar en material escolar ou libros nas librerías da vila, foi a aínda concelleira de Igualdade Mabel Fernández Durán.
As rapazas premiadas son:
PREMIO CATEGORÍA A (8-9 anos de idade): 60€ “A muller”. Autora Ainhoa Trillo Atán PREMIO CATEGORÍA B (10-12 anos de idade): 70€ “Loitar pola igualdade”. Autora Maite Lagoa PazPREMIO CATEGORÍA D ( 16-17 anos de idade): 90€ “Alegato”. Autora Elena Valle García