O Comité queima o Acordo Marco de Ferroatlántica

Nova Concentración as portas da fábrica de Ferroatlantica en Brens

Volveron as concentracións ás portas da fábrica de Brens en contra do Acordo Marco, e coa intención de forzar á dirección a manter negociacións para aprobar o convenio colectivo no centro de traballo, unha vez que as fábricas de Brens e Dumbría son as únicas do estado que se manteñen fóra do Acordo. Foron máis alá os membros do Comité, queimando, literamente, o Acordo nun claro xesto de protesta.

Continuarán as protestas, sen descartar outra folga, esperando que a Dirección se sente a negociar ou que comece o proceso de Arbitraxe.

O Comite de Ferroatlantica queima o Acordo Marco

A CIG denuncia un despedimento dun traballador por suposta represión sindical

Así mesmo, a CIG realizou unha concentración este mércores diante dos xulgados de Santiago para esixir a readmisión dun traballador de Stolt Sea Farm, entre os que se atopaba o propio alcalde de Carnota, Moncho Noceda. Para a central sindical “estamos ante un clarísimo caso de represión sindical xa que o despedimento se produciu xusto 15 días despois de denunciarse o convenio colectivo e afecta a un traballador que foi delegado de persoal pola CIG en varias ocasións”.

O traballador, afiliado ao sindicato maioritario na planta, levaba 27 anos na empresa.

A empresa non vai facer declaracións aos respecto.

Historia do Caso Ferroatlántica

https://quepasanacosta.gal/o-comite-de-ferroatlantica-cee-dumbria-o-unico-en-espana-sen-acordo-macro-volve-as-concentracions/

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).