O Deporte encheu as rúas de Cee

O Club Cee Deportes de Contacto no Dia do Deporte na Rua en Cee-Foto-Rafa Quintans Máis de 200 nenos e nenas pasaron polas diferentes "estacións" dos clubes do municipio dende ás 11:30 ata as 14:00 horas, amosando que a actividade física e deportiva está "viva" no concello de Cee. O club de baloncesto ACB Costa da Morte, o club de atletismo A.D. Olimpia, o club Fútbol Sala Femenino Villa de Cee, o Club Ciclista Cee e o Club Cee Deportes de Contacto ofertaron diversas actividades e saíron ás rúas para amosar o bo traballo que están a facer nos últimos anos, que animando así aos máis pequenos. Dende o Servizo de Deportes do Concello de Cee, queren agradecer a todas as entidades que tomaron parte nesta edición polo seu traballo e compromiso, e que demostran a súa capacidade organizativa. Ao mesmo tempo tamén agradecer a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cee, que en todo momento estiveron pendientes atendendo pequenos percances propios deste día (caídas,...)
Fotos do Día do Deporte na rúa de Cee de Rafa Quintáns