O documental Lires, de Francisco de la Calle, no Museo do Pobo Galego
05 de xuño de 2013 (11:23 h.)
Este xoves, 6 de xuño, vaise proxectar o documental Lires, de Francisco de la Calle, e realizado en 1969. A proxección ten lugar dentro da 8ª Mostra de Cinema Etnográfico que organiza o Museo do Pobo Galego. Unha Mostra que comezaba onte e que se extenderá ata o venres 14.
O documental, da que xa vimos parte en QPC proxéctase no día da inauguración oficial da Mostra, xunto a outros dous: un de Carlos Velo, A cidade e o campo, realizado no ano 1934, e outro do propio Francisco de la Calle titulado A muller na comunidade rural. No acto inaugural vai participar o membro da asociación Pedras Miúdas, Serxio Domínguez, quen falará da importancia dos cambios dados no lugar de Lires na década de 1960 para o futuro desta comunidade.
Novas relacionadas
- Lires, 1968.
- As Aberturas de Manuel Vilar: Pasar a Ponte Constante (II).
Fonte
- Museo do Pobo Galego.