O IES Fernando Blanco, un dos 7 centros galegos seleccionados no Programa de Educación Responsable

Alumnos do IES Fernando Blanco na Cidade da Cultura
Proxecto Educa Responsable do IES Fernando Blanco

O alumnado de 1º e 3º da ESO do IES Fernando Blanco acudiron á Cidade da Cultura en Santiago para expoñer o seu proxecto de plástica, co que participaron no Programa de Educación Responsable.

Este programa está desenvolvido pola Fundación Botín en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e O. U. O IES Fernando Blanco é un dos 7 centros de Galicia que foron seleccionados este ano para participar.

O traballo presentado polo alumnado e dirxido polo profesor de Plástica Manuel Canosa Sanjurjo, estaba relacionado cos naufraxios, os pecios, a xeografía e a Costa da Morte.

É un traballo feito por capas, seguindo as técnicas da pintora Julie Mehretu, pintora de orixe etíope nacida en Adís Abeba.

A presentación da obra correu a cargo dunha alumna que tamén naceu en Etiopía, como a pintora na que se inspiraron para a súa creación.

O mesmo día o centro ceés asinou o Contrato-Programa, tamén na Cidade da Cultura, para participar en 3 modalidades: Excelencia académica, Mellora da convivencia e Mellora da competencia matemática.

Fonte QPC.