O mantemento dos xardíns de Muxía por Aspadex, un gran exemplo da inclusión laboral
Bo exemplo de inclusión laboral das persoas con discapacidad intelectual a que protagonizan o Centro Especial de Emprego de ASPADEX e o Concello de Muxía. Veñen de asinar a renovación do contrato de mantemento de xardíns.
Os Centros Especiais de Emprego son empresas cunha finalidade produtiva que ofrecen un traballo remunerado a persoas con discapacidad intelectual. A finalidade destas empresas de economía social é a de xerar e/ou manter emprego estable e de calidade para este colectivo. No caso da asociación ASPADEX, o servizo de jardinería é un dos máis importantes dentro do seu Centro Especial de Emprego.
Responsables da Asociación ASPADEX mostraron a súa satisfacción coa ampliación deste contrato, resaltando a importancia da implicación do Concello de Muxía que ano tras ano asina a renovación do mesmo. “Este tipo de apoios son fundamentais, xa que contribúen á viabilidad do Centro Especial de Emprego”, manifestan desde ASPADEX.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).