O mellor marisco do Concurso de Azulexos chegou dende Boiro

A mariscada non a vai levar o Tibu. Lévana, en azulexo, os membros de Lar, que este ano, na VI Edición do Concurso de Murais de Azulexo Costa da Morte tiña como leva os mariscos, no seu afán de concienciar aos mozos da zona sobre o coidado do medio mariño natural.

E abofé que consegue implicación este certame, e así o comprobamos onte, na Praza do Concello de Cee, coa entrega de premios ante máis de 300 alumnos e membros de asociacións como Apem ou Aspadex.

Foi emotiva a entrega de premios, e non o tiveron fácil os membros do Xurado, Antón Castro, crítico de arte e profesor de historia, Beatriz González, Dir. do Gaiás e Covadonga Carrasco arquitecta do estudo Creus e Carrasco.

Finalmente o primeiro premio, de 300€, marchou para Boiro, onde os rapaces do IES Praia da Barraña, cos seus longueiróns, foron campións. Por detrás, a ameixa do CPI Cabo da Area de Laxe e o Percebe do IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto. O premio especial foi para o IES Agra Raíces de Cee.

Centros de Ensino e Asociacións Participantes e as súas obras

  • Colexio Manuela Rial Mouzo, Cee (Berberecho e Santiaguiño).
  • IES Fernando Blanco de Cee (Cigala e Ostra)
  • IES Agra Raices, cee (Mejillon e orella de mar).
  • IES Terra de soneira, vimianzo (vieira e zamburiña).
  • IES Pedra da Aguia, Ponte do Porto (Percebe e bogavante).
  • CPI Cabo da Area, Laxe (bigaro e ameixa).
  • IES Praia Barraña, Boiro (longueiron e navalla).
  • Apem, Cee.
  • Integro, Cabana de Bergantiños.
  • Bo Pastor, A Coruña.

Os murais quedarán expostos na rotonda diante do mercado municipal de Cee, e a verdade, quedan estupendos!

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).