O patinaxe enche o pavillón de Cee

Nada menos que unhas 600 persoas ateigaron o Pabellón Municipal de Cee para asistir á I Exhibición de Patinaxe Artístico de Cee 2014, organizada polo Concello de Cee e o Club de Patinaxe Artístico Costa da Morte, que dirixe Jessica Bergantiños.

A exhibicón foi un éxito onde varios clubs da provincia (Coruña, Arteixo, Santiago de compostela, Coristanco, etc.) mostraron as súas habilidades e o novo club ceense fixo o seu estreo.

O colofón a esta festa foi a participación da patinadora do Club Maxia (A Coruña) Aida Vieitesm que obtivo o 5º posto no último Campionato do Mundo 2014 celebrado en Reus.

Pero os grandes protagonistas foron os patinadores locais, pois participarán uns 100 nenos/as das seguintes entidades:
  • C.P. AXEL-ARTEIXO.
  • C.D. FERVELLO (Arteixo).
  • BRINCADEIRA (A Coruña).
  • DOMINICOS (A Coruña).
  • C. D. FONTIÑAS (Santiago).
  • PATIART CORISTANCO.
  • C.P.A. COSTA DA MORTE (Cee).
Ademais, cómpre sinalar que colaboran nesta iniciativa as seguintes entidade: Centro Comercial Finis Terrae, E.S. Bazarra, Máis Deporte, Euronics, Palacín-Lennon, Ceefis, Cabo Sport Cee, Clínica Fisioterapia Xunqueira, NoaCar, Bombonera y Iden Tatoo, Cee Color, Clínica Fisioterapia Sar, Carnicería Muíño, Autolunas Xallas, Clínica Dental Baldomar e Suministros Lar.

Novas relacionadas

Fonte

Etiquetas
Cee