O PSdeG de Cee pide a limpeza dos accesos ás praias Area Pequena e Area Grande de Lires
14 de xullo de 2017 (08:07 h.)
O PSdeG de Cee, liderado por Margarita Lamela Louzán, presentou no pleno de onte unha moción sobre a limpeza e acondicionamento dos camiños de acceso ás praias de Area Pequena e de Area Grande de Lires.
Os socialistas xustifican que a parroquia de Lires é pioneira no turismo rural, sendo un reclamo turístico na Costa da Morte. A ría de Lires situada entre Touriñán e Lires e que desemboca no río Castro, acolle as praias de Nemiña e Lires. "Na ruta costeira da praia de Lires á praia do Rostro atopamos as praias Area Grande e Area Pequena", sinalan dende o PSdG. A estas praias accédese a través dun sendeiro "pechado polos toxos e se intentamos seguir polo sendeiro que continúa polo borde do cantíl os touxos tampouco permiten o paso", sinala Margarita Lamela.
Novas relacionadas
- O camiño inadaptado de Lires
- Catro praias da Costa da Morte suspenden na calidade das augas
- Xuño 2015: A praia de Lires, a única pechada ao baño de toda Galicia por mor da contaminación da piscifactoría.