Operación Mobile: A Garda Civil desarticula a banda que roubo a semana pasada na tenda de telefonía de Cee

Dispositivos requisados na Operación Mobile tralo roubo na tenda de Cee

O roubo da semana pasada nunha tenda de telefonía de Cee foi un das pistas claves que levou a Garda Civil ata a banda organizada que se dedicaba, de xeito reiterado, á comisión de roubos con forza en tendas de telefonía. Unha operación que se remontaba ao pasado mes de febreiro, cando comezaba a vaga de roubos en Sada, e que xa provocara o roubo de material tecnolóxico por un valor aproximado de 230.000€.

Así, na madrugada do pasado mércores, o dispositivo de seguemento a un vehículo sospeitoso da banda conducía aos axentes a Cee, onde entraban a roubar na tenda de Orange do centro da localidade. A Garda Civil realizáballes o alto á altura do área de servizo de O Corgo.
Nese momento viaxaban no vehículo soamente tres dos integrantes do grupo, todos de nacionalidade española e roldando a treintena de anos. Como queira que existían probas que tamén incriminarían a un cuarto integrante, e estaba plenamente identificado, varios axentes partiron nese mesmo momento cara a Madrid para intentar localizalo e proceder á súa detención, o cal conseguiuse a última hora da tarde dese mesmo día, sendo trasladado a continuación ata esta cidade.

No momento da detención, levaban no coche o botín que acababan de subtraer, preto de 50 artigos entre teléfonos e tablets. Inspeccionado a fondo o vehículo no que circulaban, detectouse a existencia de varios compartimentos ocultos, nos que escondían a ferramenta especial para cerrajería que utilizaban para forzar os bombines, os seus propios teléfonos móbiles, un inhibidor de frecuencias (para inutilizar as alarmas), así como ferramenta máis pesada por si o bombín resistíase, como patas de cabra ou mazas.

As dilixencias e detidos, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución núm. 2 de Betanzos, que entendía da causa, decretando a súa liberdade con cargos coa obrigación de presentarse cada quince días.

Verdadeiros “profesionais”

O grado de especialización que posuían os sospeitosos permitíalles fracturar, extraer o bombín da cerradura, neutralizar a alarma de seguridade e facerse cos terminales de maior valor ou diñeiro en efectivo cunha rapidez profesional. O grupo destacaba por unha movilidad sen parangón, o que dificultaba a realización de seguimientos, podendo desprazarse desde a súa localidade de residencia (Madrid), ata os lugares máis distantes da península, habendo cometido roubos en Carballo, Ordes, Padrón, Boiro Arteixo e A Pobra (A Coruña) Bueu, Sanxenxo, Porriño, Tuy, Moaña e Cangas (Pontevedra), Xinzo de Limia e Celanova (Ourense), Cidade Rodrigo, Asturias, Badajoz, Almería, Huesca, Lleida ou Tarragona, alcanzando o beneficio obtido nos 25 delitos que se lle imputan, a cantidade aproximada de 230.000€, así mesmo, outra característica das súas actuacións era os elevados danos que ocasionaban no interior das tendas, esnaquizando completamente o mobiliario para facerse cos terminales que gardaban no seu interior. As tendas de telefonía son un obxectivo para este tipo de bandas, que cun esforzo e risco relativamente baixo obteñen un valioso botín. Dáse a paradoxa de que ás poucas horas de quedar en liberdade, cometíase un novo roubo nunha tenda de telefonía en Sada, subtraendo os autores diversos móbiles por valor de 20.000€.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/unha-tenda-de-telefonia-de-cee-e-unha-oficina-bancaria-de-corcubion-sofren-sendos-roubos-en-unhas-horas/