Operación Mobile: A Garda Civil desarticula a banda que roubo a semana pasada na tenda de telefonía de Cee
O roubo da semana pasada nunha tenda de telefonía de Cee foi un das pistas claves que levou a Garda Civil ata a banda organizada que se dedicaba, de xeito reiterado, á comisión de roubos con forza en tendas de telefonía. Unha operación que se remontaba ao pasado mes de febreiro, cando comezaba a vaga de roubos en Sada, e que xa provocara o roubo de material tecnolóxico por un valor aproximado de 230.000€.
Así, na madrugada do pasado mércores, o dispositivo de seguemento a un vehículo sospeitoso da banda conducía aos axentes a Cee, onde entraban a roubar na tenda de Orange do centro da localidade. A Garda Civil realizáballes o alto á altura do área de servizo de O Corgo.
Nese momento viaxaban no vehículo soamente tres dos integrantes do grupo, todos de nacionalidade española e roldando a treintena de anos. Como queira que existían probas que tamén incriminarían a un cuarto integrante, e estaba plenamente identificado, varios axentes partiron nese mesmo momento cara a Madrid para intentar localizalo e proceder á súa detención, o cal conseguiuse a última hora da tarde dese mesmo día, sendo trasladado a continuación ata esta cidade.
No momento da detención, levaban no coche o botín que acababan de subtraer, preto de 50 artigos entre teléfonos e tablets. Inspeccionado a fondo o vehículo no que circulaban, detectouse a existencia de varios compartimentos ocultos, nos que escondían a ferramenta especial para cerrajería que utilizaban para forzar os bombines, os seus propios teléfonos móbiles, un inhibidor de frecuencias (para inutilizar as alarmas), así como ferramenta máis pesada por si o bombín resistíase, como patas de cabra ou mazas.
As dilixencias e detidos, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución núm. 2 de Betanzos, que entendía da causa, decretando a súa liberdade con cargos coa obrigación de presentarse cada quince días.