Os Bombeiros de Cee rescatan un gatiño dun cantil de Muxía
11 de febreiro de 2018 (06:09 h.)
O pasado sábado, os Bombeiros de Cee tiveron que acodir á praia de Lourido, en Muxía. Eran as 17:00h cando unha muller chamaba ao 112 asegurando que un gato cun arnés levaba máis dun día caído nun cantil ao pé da praia de Lourido.
Os Bombeiros peiteraron unha zona de toxo alto ata dar con el. A dificultade residía en que o terreno era empinado e con moita maleza e o gato retrocedía ante a súa presenza que finalmente conseguimos acurralar e devolver a súa dona.
Fonte
- Bombeiros de Cee.