Os Bombeiros rescatan unha muller atrapada no seu vehículo tras un accidente na Pereiriña

Accidente na Pereiriña-Foto-Laura Canosa

Menudo susto o da pasada noite de venres 28 de outubro na Pereiriña (Cee). Na estrada que vai a Lires de Touriñan, no cruzamento de Lires a Touriñán, unha señora duns 60 anos, da zona da Anchoa, en Fisterra, sufría unha saída de vía co seu vehículo, caendo este nun pequeno valado e colisionando co frontal do vehículo no chan e nunhas árbores, e quedando en posición vertical apoiado co teito nestas árbores.

Chegaban pasadas ás 21:00h os Bombeiros de Cee, só con varios veciños presentes no lugar comprobando que a muller quedara atrapada no interior do coche. E tamén observan que levou por diante un pequeno garda raíl o cal se lle incrustou na porta do piloto, non afectando á condutora.

Proceden a excarcelación, cortando o cito, protexendo o pescozo, sacándoa e poñéndoa sobre unha padiola. Unha vez arribxa, e ca presencia de Protección Civil, Garda Civil e 061, a paciente era trasladada ao Hospital Virxe da Xunqueira. Afortunadamente só tiña un pequeno dor de peito, pero en principio non parecía nada grave.

Accidente na Pereiriña-Foto-Laura Canosa

Accidentes 2016

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).