Os buses da Costa da Morte xa entran no centro da Coruña

Representantes da Xunta probaron os novos buses Fíxose efectiva esta mañá a a segunda fase do Plan de acceso dos autobuses interurbanos pola cal o 20% dos servizos dende Carballo poden entrar ata o centro da Coruña. Os buses procedentes de Carballo (así como os de Laracha, Arteixo, Culleredo, Oleiros, Cambre, Betanzos, Oza-Cesuras, Curtis e Abegondo) comezaron esta mañá as súas rutas, con paradas na Praza de Pontevedra e Juan Flórez, Entrexardíns, Praza de Ourense, Costa da Palloza e na Estación de autobuses. Os horarios das liñas que comezaron a funcionar esta mañá foilles remitida pola Consellería de Infraestruturas esta semana esta información aos municipios. Coa posta en funcionamento desta iniciativa, os autobuses dos corredores de Arteixo e Carballo acceden ao centro urbano con paradas na Praza de Pontevedra/Juan Flórez, Entrexardíns, Praza de Ourense, Costa da Palloza e Estación de autobuses. As liñas “costeiras” que desde hoxe prestan servizo no centro urbano son as seguintes:
  • A Coruña-Meicende-Malpica-Porto de Suevos
  • A Coruña-Carballo por Meicende, Caión e Razo
  • A Coruña-Meicende-Malpica-Corme porto
  • A Coruña-Castrillón por A Grela e Caión
  • A Coruña-A Grela-Arteixo-Carballo-Vimianzo-Cee-Fisterra
  • A Coruña- A Grela-Carballo-Malpica-Corme porto

Novas relacionadas