Os buses da Costa da Morte xa entran no centro da Coruña
17:21 26/02/18
Representantes da Xunta probaron os novos buses
Fíxose efectiva esta mañá a a segunda fase do Plan de acceso dos autobuses interurbanos pola cal o 20% dos servizos dende Carballo poden entrar ata o centro da Coruña. Os buses procedentes de Carballo (así como os de Laracha, Arteixo, Culleredo, Oleiros, Cambre, Betanzos, Oza-Cesuras, Curtis e Abegondo) comezaron esta mañá as súas rutas, con paradas na Praza de Pontevedra e Juan Flórez, Entrexardíns, Praza de Ourense, Costa da Palloza e na Estación de autobuses.
Os horarios das liñas que comezaron a funcionar esta mañá foilles remitida pola Consellería de Infraestruturas esta semana esta información aos municipios.
Coa posta en funcionamento desta iniciativa, os autobuses dos corredores de Arteixo e Carballo acceden ao centro urbano con paradas na Praza de Pontevedra/Juan Flórez, Entrexardíns, Praza de Ourense, Costa da Palloza e Estación de autobuses.
As liñas “costeiras” que desde hoxe prestan servizo no centro urbano son as seguintes:
- A Coruña-Meicende-Malpica-Porto de Suevos
- A Coruña-Carballo por Meicende, Caión e Razo
- A Coruña-Meicende-Malpica-Corme porto
- A Coruña-Castrillón por A Grela e Caión
- A Coruña-A Grela-Arteixo-Carballo-Vimianzo-Cee-Fisterra
- A Coruña- A Grela-Carballo-Malpica-Corme porto
Novas relacionadas
- Febreiro 18: O 20% dos buses de Carballo entrarán no centro da Coruña a partir do 26 de febreiro.
- Xaneiro 18: O concello da Coruña e a Xunta discrepan no percorrido dos autobuses da Costa da Morte que entren no centro da cidade.
- Setembro 17: Arriva publica por fin na rede os horarios dos autobuses da Costa da Morte.
- Xuño 17: A falta de información entorpece o servizo de autobuses da Costa da Morte.
- Xuño 2017: Arriva faise coas liñas de Autocares Vázquez na Costa da Morte
- Marzo 2017: Os veciños de Camariñas esixen conexións do transporte colectivo con Cee, Coruña e Santiago
- Outubro 2016: Arriva compra Aucasa e volve á Costa da Morte
- Maio 2014: Carballo quere que os buses metropolitanos da Coruña e Santiago cheguen a Bergantiños.