Martín Carmiña ofreceulle un espectáculo de maxia a uns 200 alumnos e alumnas dos centros educativos de Cee
Carlos Casares, o autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas, foi un dos protagonistas do espectáculo de maxia que tivo lugar onte no auditorio da casa da Cultura d ecee. Martín Carmiña foi o encargado do espectáculo "As maxias máis máxicas de tódalas maxias. A Maxia de Carlos Casares"; unha actividade de animación á lectura na que participaron uns 200 nenos e nenas de 2º e 3º de primaria dos centros educativos de Cee.
A actividade enmárcarse dentro do programa específico con motivo das Letras Galegas posto en marcha polo concello.
Novas relacionadas