Segundo nos informan dende a axencia Travels to Finisterre, por fin resolveuse parte do conflito das viaxes do IMSERSO e as persoas que estean acreditadas para viaxar aos destinos de Costas Peninsulares e Turismo de interior (todo agás os destinos das illas), poderán comezar a reservar as súas viaxes a partir do 16 de novembro.
Nos vindeiros días xa chegará toda a información sobre prazas totais, datas e hoteis dispoñibles, pero polo momento o único que é seguro é que a partir do 16 de novembro poderase xa reservar as viaxes deste ano.
Segundo nos informan dende a axencia ceense, as cartas comezarán a chegar aos beneficiarios ao longo da vindeira semana. O funcionamento habitual nestes anos é o seguinte:
O primeiro dia, poderán reservar aqueles que na carta indique 'Acreditación con Plaza'.
O segundo día, aqueles que lles indique na carta que están dentro do grupo 'Cobertura de Vacantes'.
Nestes días só se poderá reservar una viaxe (das 5 ás que teñen dereito os usuarios do IMSERSO).