Os nacionalistas de Cee solicitan o apoio á Carta Europea das Linguas
24 de febreiro de 2016 (07:05 h.)
- Cumprir con todas as recomendacións do Consello de Ministros e do Comité de Expertos do Consello de Europa, e exixir do Estado español a aplicación real dos seus compromisos en relación coa Carta, tal e como indica o Comité de Ministros.
- Dar os pasos necesarios para cumprir co sinalado na alínea 640 do informe que afirma que o decreto 79/2010 de plurilingüísmo contradí o estabelecido na Carta, e o punto 5º da resolución do Consello de Ministros, onde sinala que a introdución dunha terceira lingua no ensino non pode afectar negativamente á propia.
- Elaborar de maneira ampla e consensuada un novo decreto para o uso do galego no ensino, que atenda aos principios de normalización lingüística, e acorde co sinalado na Carta Europea.
- Que mentres non se elabora o novo decreto, modifique o actual derrogando os artigos que poñen límites ao uso do galego nas aulas, como as porcentaxes máximas de materias a impartir en galego nos centros e a prohibición de impartir na nosa lingua as materias científico-técnicas ou matemáticas.
- Garantir unha oferta ampla de liñas de ensino infantil en galego en todas as vilas e cidades.
- Máis apoios ó manifesto de Queremos Galego no concello de Cee
- Cee pide galego
- Impulsan un manifesto a favor do uso do galego no concello de Cee
- A Mesa amplía a súa campaña de difusión e promoción do galego en Cee
- A Mesa convoca un acto para promover o uso do galego en Cee
- Galicia Bilingüe levará aos tribunais a ordenanza do galego se sae aprobada polo pleno de Cee
- Cee queda sen regulamento para o impulso da lingua galega pola negativa de PSOE, PP e Ciudadanos
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- NG de Cee