venres. 02.05.2025
El tiempo

Os nacionalistas de Cee solicitan o apoio á Carta Europea das Linguas

Os nacionalistas de Cee solicitan o apoio á Carta Europea das Linguas
imos-garantir-mil-mais- O BNG de Cee vén de presentar unha moción en apoio á Carta Europea das Linguas presenyada pola Mesa pola Normalización Lingüística e que xa foi amparada o pasado 15 de febreiro por diversas forzas políticas. Segundo indican os nacionalistas de Cee nun comunicado de prensa, "a moción non irá ao vindeiro pleno pola negativa de Ciudadanos, PP e PSOE que piden estudala.  Lamentamos que os grupos políticos asinantes da Declaración de Unidade a prol da Normalización da lingua Galega - PP e PSOE-  poñan a nivel local dúbidas do xa asinado polo conxunto da súa organización". Esta inciativa propón instar á Xunta a:
  • Cumprir con todas as recomendacións do Consello de Ministros e do Comité de Expertos do Consello de Europa, e exixir do Estado español a aplicación real dos seus compromisos en relación coa Carta, tal e como indica o Comité de Ministros.
  • Dar os pasos necesarios para cumprir co sinalado na alínea 640 do informe que afirma que o decreto 79/2010 de plurilingüísmo contradí o estabelecido na Carta, e o punto 5º da resolución do Consello de Ministros, onde sinala que a introdución dunha terceira lingua no ensino non pode afectar negativamente á propia.
  • Elaborar de maneira ampla e consensuada un novo decreto para o uso do galego no ensino, que atenda aos principios de normalización lingüística, e acorde co sinalado na Carta Europea.
  • Que mentres non se elabora o novo decreto, modifique o actual derrogando os artigos que poñen límites ao uso do galego nas aulas, como as porcentaxes máximas de materias a impartir en galego nos centros e a prohibición de impartir na nosa lingua as materias científico-técnicas ou matemáticas.
  • Garantir unha oferta ampla de liñas de ensino infantil en galego en todas as vilas e cidades.
A Carta Europea das Linguas é un tratado internacional e como tal é lexislación superior do Estado e polo tanto de obrigado cumprimento. O seu cumprimento é avaliado por un comité internacional que elabora o informe no que se basean as recomendacións posteriores do Comité de Ministros, formado polos Ministros de Exteriores de cada un dos Estados membros do Consello de Europa. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • NG de Cee
 

Comentarios