Os Ozón non fallan á súa cita coa foliada familiar anual
04 de outubro de 2017 (08:06 h.)
Que ben o pasa a Familia Ozón na súa Xuntanza anual. Este pasado sábado, para non faltar á tradición, tiveron a súa cita festxeira na Grixa, Vilaestose, no Concello de Muxía. Unha familia con xentes espalladas por toda Galicia (Santiago, Bertamiráns, Vigo, Cambados, A Coruña… e tamén de Muxía, Cee, Mazaricos, Dumbría, Fumiñeo, Vimianzo, Senande, a Senra…) que cada ano non falla á súa cita.
Este ano o menú tivo empanadas, mexillóns, churrasco, bo viño galego e postres caseiros. E como non podía ser doutro xeito, a media tarde, o colofón coa actuación do grupo Peta Forte da Pereiriña, que tocou ata ben entrada a noitiña.
Novas relacionadas
- 2016: Os Ozón petan forte.
- 2014: A familia Ozón, a pleno en Muxía.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).