Os peques de Cee gozan de grandes días de festivais, postais e Papa Noel

Simpatiquísimos os peques no Festival de Nadal do Cole de Brens

Menudos días para os peques de Cee. Están disfrutando por todo o alto neste comezo do Nadal, en todas as parroquias.

Por exemplo, no CPI A Igrexa de Brens disfrutaron a pasada semana o Festival de Nadal, protagonizado polo alumnado de entre tres e oito anos. Non faltaron panxoliñas en castelán, galego e inglés, unha obra de teatro e visita sorpresa de Papá Noel cheo de agasallos.

Eses mesmos cativos disfrutarán da visita de Papa Noel este mércores 23 a partir das 17:30h no Centro Comercial de Papa Noel.

 

Postais de Nadal

Por cuarto ano consecutivo, o Grupo Ferroatlántica celebrou o seu tradicional Certamen de Tarxetas Navideñas e debuxo libre no que participaron niñ@s, familiares de traballadores do Grupo.
Nesta edición cinco niñ@s, hij@s ou niet@s de traballadores das fábricas de Ferroatlántica de Cee recibiron este luns os premios.

Na modalidade de debuxo libre, David Hernando, de 6 anos, foi finalista cun premio dotado con 50€ e un diploma. Pola súa banda, Martín Hernando Alvariñas e Loaira Santos Fábregas leváronse un premio, cada un, de 25€ ademais dun diploma.
Na modalidade de tarxetas navideñas, Martín Hernando Alvariñas, de 5 anos; Loaira Santos Fábregas, de 7 anos e David Hernando Alvariñas, de 6 anos, recibiron un premio de 25€ e un diploma cada un. Miguel Mosteyrin Ousa e Antía Castro Suárez, recibiron senllos diplomas pola súa participación.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).