Os rap-arigos de Corcubión
30 de agosto de 2016 (15:31 h.)
Fantástico o taller de Rap que Leö KCh desenvolveu en Corcubión este verán. 17 rapaces da zona participaron neste taller, no que aprenderon a rimar, a dominar o ritmo, ademais de recibir un completo achegamento en xeral da cultura urbana con actividades de beatbox e proxeccións de visuais de Break dance e elaboración de graffiti.
Como proba, este temazo, “A Costa do Swag”, en referencia a este estilo musical que fai referencia ao estilo e música hiphopeira:
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).