Clara de Ramon Ayala - do CPR Manuela Rial - ganou o terceiro premio da categoria B do Concurso de Relatos
Esta semana cambiamos de categoría dentro do IV Concurso de Relatos da Fundación e coñecemos á gañadora do 3º premio da categoría B (ESO) que recaeu sobre Clara de Ramón Ayala - do CPR Manuela Rial de Cee - cun relato titulado "Bágoas".
- Óscar, imos, estámosche esperando na praza!.- Xa vou María.Óscar e María eran dous bos amigos, os mellores amigos... ata aquel intre. Cada día, quedaban cos demais rapaces do lugar, para merendar e ir ao parque. Aqueles maravillosos anos...Can vin esa foto púxenme a recordar todo o que vivíramos dende entón, sobre todo na nosa infancia chea de lembranzas e momentos inesquecibles. Naquela foto víase a María cunha cara de felicidade absoluta mentres me abrazaba. Lémbrome perfectamente como sucedera todo, que nos fixera a foto e o que estábamos a facer nese intre. María levaba posta unha faldra escocesa cunha camiseta branca e unhas fermosas bailarinas vermellas. Eu, a camiseta do meu equipo e uns pantalóns azuis de chándal. Na miña cabeza, un pensamento recorrente. O que daría por repetir todas aquelas vivencias.Decidín darme un respiro e non pensar mais en todas aquelas lembranzas dunha bonita amizade que forxáramos en toda unha vida; pero era inevitable; a nostalxia era a miña única compañeira.Mais tarde, atopei unha carta que María me enviara dende Madrid un 2 de abril de 1985. Lémbrome da ilusión que me invadía cada vez que me chegaba unha carta. Agora son as bágoas as que invaden o meu rostro. Empecei a ler aquela carta, sen poder evitar emocionarme outra vez; a miña voz soaba entrecortada:“Meu querido amigo:Levo dous anos aquí, en Madrid, e aínda que a vida me vai ben, tanto a nivel social como laboral, hai algo que me falta, algo que boto de menos na miña vida. Fáltame o teu cariño sincero, a túa comprensión, fáltame o teu apoio incondicional, tanto no bo como no malo, e non amigos pasaxeiros que che ofrecen o seu ombro para chorar e cho quitan cando chega á hora da verdade. En definitiva, fáltasme ti AMIGO.Aínda que me doe moito non terte aquí, ao meu carón, sei que estás aí, e iso para min xa o é todo.Pronto será verán outra vez e nos volveremos a ver e compartiremos risas, choros, noites interminables ..., que quedarán para sempre gravadas nos nosos pensamentos”.Óscar non se puido conter mais e botouse a chorar coma un neno pequeno cando non atopa consolo.Para Óscar a palabra amizade cobraba especial significado se estaba asociada a María, á amiga que endexamais o deixaba tirado, aquela amiga que lle facía crer o moito que necesitaba ter ao seu lado un amigo coma el.Como esa carta, Óscar atopara moitas mais, pero aquela era especial. Fora a última carta que María lle escribira antes de marchar a África cunha ONG madrileña en contra do maltrato animal. Tratábase dunha emocionante, pero ao mesmo tempo, perigosa aventura. María estaba namorada da súa profesión de veterinaria e dos mundos descoñecidos para a maioría da xente.Antes de marchar, María fixo unha visita fugaz ao seu lugar de orixe para despedirse da súa familia. Nesa visita, María fíxome entrega dun colgante que sempre levaba con ela, un colgante cun gran valor sentimental. Prometinlle que, a partir de agora, ese colgante pendería do meu pescozo, establecendo entre nós unha unión mais forte se cabe.As bágoas seguen a discorrer incesantemente polas miñas meixelas. Non podo separar a miña man do colgante que pende do meu pescozo, un colgante que leva gravado a lume a verdadeira amizade, xa que a pesar da distancia nunca deixaremos de ser amigos.Milleiros de sensacións me invadían, mais non o dubidei. Saquei aquel colgante do meu pescozo, pouseino enriba do féretro de María, e marchei debuxando un sorriso.Ninguén nos podería arrebatar a nosa amizade.