Os traballadores de Ferroaltántica volven a solicitar unha reunión co conselleiro de Economía

No pasado mes de novembro, os traballadores encerránrose no salón de plenos de Cee co fin de que Feijóo atendera ás súas esixencias Antes de que se faga efectiva a venda das centrais hidroeléctricas de Cee e Dumbría, o Comité de Empresa pide novamente (xa o fixera o pasado 3 de febreiro) unha xuntanza co conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta da Galicia - Francisco Conde López -. Os traballadores, segundo din nun comunicado, entenden que "a Xunta de Galicia non pode permanecer impasible e permitir que unha empresa que explota os nosos recursos naturais estea a especular de maneira constante, con ameazas permanentes, sobre os futuro dos postos de traballo, creando incerteza e preocupación na plantilla e na sociedade en xeral". O Comité de Empresa manifestou en diversas reunións e incluso por escrito que defende todo diálogo e negociación que sexa necesaria para negociar un verdadeiro plan industrial para Cee e Dumbría que deberá asentarse sobre a base "previa, clara e inequívoca" na que a empresa respecta o actual marco legal e, polo tanto, desiste da venda das centrais hidroeléctricas e asume a non segregación das actividades de producción de enerxía e ferroaliaxes. Ante "a obstinación da dirección da empresa de non respectar o actual marco legal", o comité de empresa convocou unha folga para o vindeiro 10 de marzo.  

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)