Paseniño esixe que se garanta o transporte para o alumnado con autismo en tempos de folga
A actual folga do transporte de viaxeiros por estrada en Galicia está a xerar un grave impacto en numerosas familias, especialmente naquelas con fillos e fillas con trastorno do espectro autista que dependen do transporte escolar para asistir a Centros educativos específicos. Pero "garantir o acceso á educación e aos apoios necesarios para estes menores debería ser unha prioridade, mesmo en contextos de conflicto laboral".
Así o entende dende a comprometida Asociación Paseniño, entidade que axuda ás familias con nenos e nenas con transtornos de espectro autista e outras circunstancias, que están tendo graves problemas para desprazarse ata Santiago de Compostela, en ocasións percorrendo preto de 80 quilómetros desde os seus domicilios, para acudir a colexios concertados especializados en autismo. Estes centros, cuxos servizos mínimos son economicamente asumidos polas propias familias. esenciais para o seu desenvolvemento educativo, social e terapéutico.
Sinalan que con esta folga moitos nenos non poden asistir á escola. Esta situación non só afecta á súa educación e estabilidade emocional, senón que tamén impide aos seus pais e nais acudir aos seus postos de traballo, xerando problemas de conciliación e un importante impacto económico e familiar.
Por isto, as familias afectadas solicitan ás administracións e ás partes implicadas no conflito que se garanta o efectivo cumprimento dos servizos mínimos, especialmente en casos de especial vulnerabilidade como o do alumnado con necesidades educativas específicas.
Máis novas