Pedras Miúdas: 10 anos derrubando o telón de grelos

Primeiro dia da Asociacion Pedras Miúdas en Febreiro 2008 Lembramos aquel monólogo na recuperada escola unitaria de Lires, cando a xente da Asociación Cultural Pedras Miúdas botábase ao mar da acción cultural. Unha botadura complicada, nunha zona onde o telón de grelos aínda seguía moi presente, como lembraba Fran Hermida, encargado aquel día de romper o xeo cun simpático monólogo. Xa pasaron 10 anos, e a Asociación lirense quere celebrar un completo 2018 cheo de actividades. A idea é facer un acto cada mes, dende este mes de marzo, facendo bo o lema “doce meses, doce cousas”. Música, fotografía, festa, baile, solidariedade, literatura, natureza, arte… estarán entre as propostas para seguir espallando cultura.

Charla sobre a avespa asiática

Ademais, a entidade organiza unha charla impartida por Lolo Andrade sobre a loita contra a avespa velutina. A cita será este 23 de marzo ás 20:00h na casa da Escola de Lires.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)