Piden abrir un Punto Violeta nas Festas de Cee

Imaxe da presentación dun dos puntos Violeta das festas da Laracha

Xa son moitos os Concellos da comarca que no marco das festas patronais instalan un Punto Violeta de apoio a posibles vítimas de agresións sexuais machistas e lgbtifóbicas.

Unha problemática que segue a ser un dos problemas máis graves nas celebracións e festividades locais, segundo sinala o BNG de Cee. Por iso van solicitar no concello de Cee a  instauración nas vindeiras festas patronais dun Punto Violeta - Arco Iris, co único obxetivo  garantizar unhas festas libres de violencia. 
O obxetivo destes puntos é o de ofrecer todas as persoas, independentemente do seu xénero,  lugares seguros onde poidan recibir información, asesoramento e sensibilización sobre calquera  tipo de forma de violencia; así como a atención adecuada no caso de seren xa vítimas. 


O espazo Violeta-Arco Iris, segundo o BNG, consisitiría en: 

  • 1. A creación dun protocolo de actuación sobre cómo actuar en casos de abuso sexual ou  lgbtifóbico. 
  • 2. A creación dun espazo físico onde atender as posibles vítimas, con persoal suficiente para dar o apoio necesario e no que as posibles vítimas poidan atopar asesoramento, atención e  información sobre o protocolo de actuación creado. Ese grupo de persoas poderán ser voluntarias e/ou profesionais que poidan dar o apoio referido  anteriormente, nunca menos de dúas por turno, e sempre en condicións de seren localizadas de  maneira simple, no caso de non estar físicamente no espazo, algo sempre recomendado. 
  • 3. A perfecta coordinación do persoal coas autoridades na materia, garda civil, policía local,  protección civil, etc... 
  • 4. A socialización entre poboación e visitantes da existencia do espazo. Esta farase vía redes  sociais, bando municipal, páxina web do concello, cartazes polo pobo e polos locais de hostalaría de Cee e outra calquera que o goberno considerase. 
  • 5. Comunicar aos locais de hostalaría, a existencia do espazo, do protocolo e dos medios de contacto para que poidan recurrir a eles en casos de necesidade. Todo isto, complementado co propio protocolo, do que acompañamos esbozo coa propio petición, debería de ser unha ferramenta mais para que poidamos desfrutar de festas tranquilas e sen ningún tipo de violencia.