Piden o arranxo da fonte da Lagarteira e a adecuación da de Xallas

Estado da fonte de Xallas de Cee

Pide esta semana o BNG de Cee arranxos en dúas fontes das parroquias. Ambas fontes son parte do patrimonio ceense polo que piden actuacións.

O grupo presentará un escrito parapara solicitar que a fonte-lavadoiro de Xallas sexa obxecto de melloras. Actualmente o estado do recinto e dos arredores é deplorable, polo que se fai preciso unha actuación de calado para, por un lado retirar toda a maleza que hai e por outro mellorar o encintado doas muros de pedra, asi como a limpeza do formigón e das escaleiras.

Do mesmo xeito, o grupo denuncia que recentemente apareceu a fonte da Lagarteira cunha das pedras que a forman tirada, seguramente por algún tropezo dun vehículo. Pasadas varias semanas sen que se actúe nela, polo que o BNG pide que se actúe.

Fonte da Lagarteira en Cee