Piden a limpeza do patio interior do Vello Raíces
O patio interior do instituto vello de Raices, que é usado por distintos colectivos para a súa actividade, atópase nunhas condicións lamentables onde a maleza invade o espazo totalmente e incluso medra polas paredes.
Ademais, nos exteriores e nalgunha parte do interior, gárdanse residuos e enseres procedentes das actividades de mantemento do concello, pallets, apeiros de tractores, madeiras con ferros, farolas, andamios, rodas, etc...
Por iso, desde o BNG de Cee van solicitar a alcaldía que procedan a limpeza da zona para facer do entorno un lugar adecuado as actividades que nel se dan, que se desbroce e limpe o patio e que os residuos e enseres nomeados sexan valados e sinalizados para que non supoñan un perigo, sobre todo para as crianzas que poidas estar na volta.