Piden unha zona para peregrinos na estrada de Cee a Fisterra
Tódolos días vemos peregrinos case que xogándose a vida polas estradas da zona. I é que moitas partes do Camiño (sobre todo despois de Dumbría, único Concello que coida o Camiño) as pistas desaparecen e os peregrinos e veciños camiñantes teñen que andar pola estrada, ao carón dos coches.
Unha situación perigosa que fai que o hoxe o grupo de goberno de Cee pida a mellora da estrada AC-550, polo menos ao seu paso polo concello ceense. Pinde que se proceda á limpeza das inmediacións da estrada AC-445, no tramo que se corresponde co Camiño de Santiago (dende A Marela-Corcubión a Estorde-Cee), debido a que está cheo de maleza, co perigo para os que por alí pasan debido a que teñen que ir pola calzada.
E fan ben solicitando se estude a posibilidade de que, neste tramo do Camiño de Santiago se habilite, dentro da zona de servidume de carreteras, unha franxa debidamente axeitada, co fin de facer un camiño máis seguro debido ao gran número de peregrinos que por alí pasan cara Fisterra.
Novas relacionadas
Terminar o Camiño no Mar, con José A. De la Riera
- Introito.
- As Orixes (I).
- As Orixes (II): A Translatio.
- Finisterrae VII: Lendas, tradicións, soños… emocións (I).
- Finisterrae VII: Lendas e tradicións (II). O Apóstolo e as cidades “asolagadas ou alagadas.
- Finisterrae VII: Lendas e tradicións (III). O monstro que axexa no páramo: O Vakner (Primeiro ouvido).
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Cee.