Pintura e olería danse a man este domingo en Liresca
05 de setembro de 2020 (10:30 h.)
Este domingo 6 de setembro ás 12.00 da mañá terá lugar en LIRESCA, unha nova actividade cultural que contará coa presentación da exposición “Arribada” de David Creus, e unha demostración en vivo do traballo con un torno de olería de Buño da man de Obradoiro Gorín.
O establecimento hoteleiro ceense reafirma así o seu compromiso coa cultura.