Queixas polo deplorable estado das marquesiñas ceesas

Estado dunha marquesiña das parroquias ceesas

As queixas sobre o deplorable estado das marquesiñas das nosas estradas é xa un clásico. Hoxe é o BNG de Cee o que traslada as queixas dos veciños e veciños de varias parroquias, polo estado dunhas marquesiñas que o alumnado usa a diario para esperar o transporte escolar.

As Gures e Lires por exemplo, precisan de limpeza ao redor das súas bases, xa que a terra e a maleza que as rodean invaden o seu interior, polo que a auga corre por elas cando hai algo de choiva.
Do mesmo xeito existen outras cos bancos rotos, co que a espera debe ser sempre de pé.

Por iso piden que se proceda ao mantemento axeitado, e ademais que se estude a nova colocación da marquesiña de Porcar, onde ao estar colocada a favor de vento é impracticable.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).