O Samaín tamén se celebra en clave de rock
30 de outubro de 2024 (07:45 h.)
Esta noite de Samain, o Rock Corner Bar terá unha velada moi especial co concerto en directo de Matto Soterrador & Josito Terrores. Tamén haberá poesía terrorífica e algunha sorpresa máis.
A cita no bar referencia da noite ceense, o xoves 31 outubro a partir das 23:00h.