samuel-mendez-leis
Samuel Méndez Leis, do Club Arte e Movemento e natural de Muxía, forma parte dende onte da familia do centro galego de tecnificación deportiva, situado en Pontevedra. Durante os próximos catro anos, Samuel combinará a práctica do taekondo cos seus estudos.
O xoven deportista comezou no mundo do taekondo con tan só cinco anos e xa o fixo no club ceense. Despois de nove anos de adicación e esforzo, é xa un deportita de élite. Chegar aquí non foi unha tarefa fácil, xa que para entrar en dito centro é necesario ter un alto nivel deportivo e boas notas nos estudos.
Nes tempada xa obtivo bos resultados da man do seu club e incluso se fixo co Campionato Galego de Combate na categoría cadete, pasando así a formar parte da selección galega coa que tamén colleitou moi bos resultados. O Club Arte e Movemento agradece especialmente o apoio por parte da familia posto que foi fundamental para que Samuel chegase a tan alto nivel e para que poida continuar a súa carreira deportiva.