Os taxistas de Cee denuncian o vandalismo que sofre a súa parada

Así quedou o cristal da parada de taxis de Cee

Así apareceu na mañá do domingo a caseta dos taxistas de Cee. Algún vándalo destrozaba o cristal da pequena caseta sita na rúa Domingo Antonio de Andrade.

De feito, esa mesma noite sabatina houbo outros destrozos na Igrexa, nalgún bar da praza...

Polo de pronto foron os propios taxistas os que tiveron que sufragar os gastos, polo que piden que haia máis vixilancia nas noites de ocio.