Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría

ferroatlantica rexistro dumbria Continúan movéndose os traballadores de Ferroaltántica ante a amezada da venda das centrais hidroeléctricas da Costa da Morte. Así, o comite da empresa rexistrou onte no concello de Dumbría a solicitude dunha reunión co alcade da localidade - José Manuel Pequeño - e unha moción na que lle piden á corporación municipal instar á Xunta de Galicia á non segregación das actividades de enerxía e ferroaleacións e, polo tanto, a non autorización á venda das centrais explotadas polo grupo Villar Mir na comarca. Reunión co PP Por outra parte, despois das reunións con membros do BNG, de En Marea e do PSdeG, o comité da empresa Ferroatlántica mantivo onte unha reunión do deputado popular - Aurelio Núñez - e coa concelleira do PP en Cee - Zaira Rodríguez -á quen lles puxeron de manifesto a grave repercusión que esta venda tería para as fábrica e o negativo impacto tanto social como económico na comarca - cuestión das que xa son coñecedores -. Desta forma, esixíronlle que insten ao presidente da Xunta a recibir ao Pleno do Comité para cumprir coa legalidade e a que non autorice a venda das centrais. Concentración Ante a gravidade da situación, mañá venres ás 13:30 horas terá lugar unha concentración ás portas da fábrica de Cee á que están chamados todos os traballores e traballadoras da empresa así como a veciñanza en xeral. Novas relacionadas   Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)